Sabía…… que prazo ten o FGD para pagar?
Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios:
Preguntas frecuentesRespondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios:
Preguntas frecuentesSaber máis
O compartimento de garantía de valores do FGD deberá satisfacer as reclamacións dos inversores o máis cedo posible e, a máis tardar, tres meses despois de determinar a posición do inversor e o seu importe.
Cando o FGD prevea que non pode efectuar os pagos previstos no prazo legalmente establecido, poderá solicitar ó Banco de España a concesión dunha prórroga non superior a tres meses, indicando as razóns da solicitude. O Banco de España poderá autorizala cando aprecie que concorren motivos excepcionais que xustifiquen o atraso, tales como o elevado número de inversores, a existencia de valores confiados á entidade en outros países ou a constatación de dificultades extraordinarias, técnicas ou xurídicas, para comprobar o saldo efectivo dos valores garantidos ou se procede ou non satisfacer o importe garantido.
O pago dos importes garantidos dos depósitos en valores ou instrumentos non se estenderá ós efectuados con posterioridade á data na que se produciran os feitos que activan a garantía do FGD, nin ós investimentos que se retiraran con posterioridade a esa data.
Depósitos en valores garantidos
Depósitos en valores non garantidos
Causas para a execución da garantía e beneficiarios