Sabía…se están garantidas as accións, as participacións fondos de investimento ou outros valores financeiros?
Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesRespondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesSaber máis
Terán a consideración de valores garantidos os valores negociables e instrumentos financeiros previstos no artigo 2 da Lei do Mercado de Valores, que foran confiados á entidade de crédito en España ou en calquera outro país, para o seu depósito ou rexistro ou para a realización dalgún servizo de investimento. Dentro dos valores garantidos incluiranse, en todo caso, os que foran obxecto de cesión temporal e sigan anotados ou rexistrados na entidade cedente.
O FGC cubrirá a non restitución dos valores ou instrumentos pertencentes ó inversor prexudicado como consecuencia das situacións previstas no artigo 8.2 do Real Decreto 2606/1996. No presente suposto, en ningún caso se cubrirán perdas do valor do investimento ou calquera risco de crédito.
Alcance do importe dos depósitos garantidos.
Sabía…cal é a cobertura do FGD sobre accións, participacións en fondos de investimento ou outros valores financeiros?
Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesRespondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesSaber máis
O importe garantido ós inversores que confiaran á entidade de crédito valores ou instrumentos financeiros será independente do previsto respecto ós depósitos garantidos en diñeiro e alcanzará como máximo a contía de 100 000 €.
O importe calcularase ó valor de mercado destes valores e instrumentos no día en que se produza algún dos feitos citados no artigo 8.2 do Real Decreto 2606/1996 ou no día anterior hábil cando fose festivo, aplicando no seu caso o tipo de cambio do día. Os importes garantidos aboaranse no seu equivalente en diñeiro.
No caso de que os valores e instrumentos non se negocien nun mercado secundario oficial, español ou estranxeiro, para determinar o importe garantido, unha vez que se producira algún dos feitos previstos no artigo 8 do Real Decreto 2606/1996 e unicamente para este proceso, o seu valor calcularase atendendo ós seguintes criterios:
- Valores de renda variable: valor teórico calculado sobre o último balance auditado á entidade emisora; no caso de que non exista balance auditado ou este conteña excepcións con axustes que poidan determinar un valor teórico menor do que resulte das contas, o valor de mercado determinarase pericialmente.
- Valores de renda fixa: valor nominal máis o cupón corrido, cando o tipo de interese sexa explícito, ou valor de reembolso actualizado ó tipo implícito de emisión, no caso de valores tipo cupón cero ou emitidos ó desconto.
- Instrumentos financeiros: valor estimado de mercado calculado con arranxo ós procedementos de valoración xeralmente aceptados respecto ó instrumento de que se trate.
- Nos casos de valores ou instrumentos emitidos por empresas que se atopen en concurso de acredores, o valor a restituír determinarase pericialmente, podendo posporse a súa determinación ata a conclusión do procedemento concursal correspondente.
A garantía aplicarase por inversor, sexa persoa natural ou xurídica e calquera que sexan o número e clase dos valores e instrumentos financeiros en que figure como titular na mesma entidade.
Cando os valores ou instrumentos financeiros sexan propiedade de máis dun titular, o seu importe dividirase entre os titulares, de acordo co previsto no contrato de custodia de valores e, no seu defecto, a partes iguais.
Cando os titulares dun depósito de valores actúen como representantes ou axentes de terceiros, sempre que esta condición existira antes de que se produzan as circunstancias descritas no artigo 8 do Real Decreto 2606/1996, a cobertura do FGD aplicarase ós terceiros beneficiarios do depósito na parte que lles corresponda.
Emporiso, cando quen actúe como representante ou axente sexa unha entidade das cobertura do FGD en virtude do artigo 4.4.a) do Real Decreto 2606/1996, considerarse que o depósito de valores pertence a esta entidade e non será cuberta polo Fondo.
Os valores ou instrumentos financeiros confiados á entidade no momento en que se produza a revocadura da autorización para prestar servizos de investimento deixarán de estar cubertos polo FGD transcorridos tres meses dende a data da revocadura. Durante este prazo, a entidade seguirá obrigada a realizar as achegas legalmente esixibles.
Depósitos en valores non garantidos
Causas para a execución da garantía e beneficiarios
Pago dos importes garantidos.