Internacional > A Unión Bancaria e Terceiro Pilar

A Unión Bancaria e Terceiro Pilar

A Unión Bancaria e Terceiro Pilar son temas clave na regulación do sector bancario na zona do euro. A creación da Unión Bancaria permitiu un marco normativo único e reforzou a estabilidade financeira mediante mecanismos de xestión de crise.

Ilustración con características flat

Saber máis…

A Unión Bancaria estableceu co obxectivo de garantir que o sector bancario da zona do euro sexa seguro, fiable e estea regulado e supervisado de xeito uniforme contando cun código normativo único (“Single European Rulebook”). Ademais, o seu establecemento permite reforzar a estabilidade financeira, promovendo o uso de mecanismos de xestión de crises que minimicen o uso dos recursos dos contribuíntes, como ocorreu no pasado.

A Unión Bancaria conta actualmente cun Mecanismo Único de Supervisión (MUS) que se puxo en marcha en 2014 e un Mecanismo Único de Resolución (MUR) que se activou un ano despois, en 2015, complementando cun Fondo Único de Resolución (JUR) mutualizado, cuxos recursos se constituíron pola totalidade das entidades de crédito do Eurosistema, entre as que se inclúen as entidades españolas, para afrontar a resolución das entidades consideradas de interese público. O marco regulador europeo aplicable ós fondos de garantía nacionais que pertencen á UE, emitido en 2014, permite á súa vez a protección harmonizada do depositante nos distintos países da Unión, sen embargo, o establecemento dun Fondo Único de Garantía de Depósitos (EDIS), o denominado Terceiro Pilar da Unión Bancaria, inda non se implementou e segue a ser obxecto de debate político no seo da UE.

Establecer un EDIS permitiría avanzar na creación dun mercado bancario único, consolidaría o proxecto da Unión Bancaria e, non menos importante, fortalecería inda máis a protección dos depositantes ante eventuais crises financeiras. O FGD segue coa máxima atención este debate e participa nel de xeito activo nos foros nos que está presente, de xeito coordinado co resto de autoridades españolas. 

internacional-bola-mundo

O FGD na UE e outros organismos internacionais

internacional-asociaciones

O FGD nas asociacións internacionais de Fondos de garantías

internacional-cooperacion

Cooperación transfronteiriza con outros fondos

Usamos cookies neste sitio web para mellorar a súa experiencia de usuario.

Ó facer clic en calquera enlace desta páxina, está a dar o seu consentimento para que establezamos cookies.