Aviso legal
A información que se difunde por este medio faise unicamente a título informativo, reservándose o Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito, con NIF V86313806, domicilio social en C/ José Ortega y Gasset, 22, 4ª Planta, 28006 Madrid e teléfono +34 91 431 66 45, o dereito de eliminar ou suspender a súa difusión, total ou parcialmente, e de modificar a estrutura e contido deste sitio web sen aviso previo, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso a esta información. O propósito do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito é manter a calidade e actualización desta información e evitar e minimizar posibles erros causados por fallos técnicos. Porén, non garante que este servizo non sexa interrompido ou afecta por eses fallos.
Como consecuencia do anterior, o Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito non responderá dos danos ou prexuízos causados por decisións tomadas en base á información difundida por este medio; nin de posibles inexactitudes, omisións ou erros contidos no mesmo, nin dos problemas que se orixinen polo uso deste sitio Web ou outro de conexión externa; nin dos danos e/ou prexuízos no software ou hardware do usuario que se deriven do acceso a este sitio Web, ou da descarga de programas ou ficheiros difundidos nel. Tampouco garante nin se responsabiliza de que calquera información dispoñible neste sitio Web reproduza exactamente os documentos publicados en papel, nin responderá das ligazóns e referencias a outros sitios web nin da información difundida por terceiras persoas nas que apareza citado como fonte.
Os usuarios do sitio Web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito, ó acceder á mesma, aceptan a presente cláusula, estando de acordo co seu sentido.
Propiedade intelectual dos contidos do sitio web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito
Para este sitio Web Copyright © Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito, Madrid, España. Reservados tódolos dereitos.
Os textos, logo, fotos e elementos gráficos que constitúen o sitio Web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito e se difunden a través deste, así como o seu xeito de presentación, son titularidade exclusiva do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito, que ostenta tódolos dereitos de explotación destes, directamente ou a través de acordos con terceiros. Con carácter xeral, o Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito non concede licenza de uso ou autorización algunha sobre os seus dereitos de propiedade industrial ou intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co seu sitio Web, agás acordo expreso por escrito con terceiros, e resérvase o dereito a modificar ou limar en calquera intre as condicións de uso da información que se publica no seu sitio Web e que se describen a continuación:
- Os usuarios do sitio Web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito poderán facer libre uso privado da información obtida directamente dela, mesmo a realización de copias en memoria local (RAM) ou outros dispositivos de almacenamento temporal. Nos demais casos de utilización da información para usos que non sexan meras consultas de uso privado, esta utilización autorízase só se se respectan e cumpren as seguintes condicións:
- A distribución ou reprodución da información que se difunde no sitio web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito debe ser realizada con fidelidade, sen manipular nin alterar os contidos e sempre debe ser citada coma fonte o Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito .
- Cando a información se incorpore a documentos ou outros medios que vaian a venderse ou cederse de xeito non gratuíto, a persoa física ou xurídica que a publique ou difunda baixo calquera soporte, deberá informar ós compradores e/ou cesionarios, que a información pode ser obtida libre de cargo a través do sitio Web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito, tanto antes de que paguen calquera subscrición ou prezo, como cada vez que poñan á súa disposición a información tomada do sitio Web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito.
- A información obtida do sitio web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito poderase empregar para realizar cálculos que se difunda polo usuario (por exemplo cálculos de taxas de evolución e variación de magnitudes), sempre que se indique de xeito inequívoco ó difundir estes cálculos, que se empregaron coma fonte o Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito.
- Cando existan ligazóns dende calquera sitio Web ó sitio Web do Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito ou calquera das súas páxinas internas, as correspondentes páxinas deberán aparecer nunha ventá independente e ser o único elemento na pantalla (por exemplo, non debe de aparecer dentro do marco doutro sitio Web).
- Os usuarios comprométense a empregar este sitio Web e os seus servizos respectando as condicións expostas, reservándose o Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito tódalas accións legais que poidan corresponderlle para esixir as responsabilidades de calquera ripo que se deriven do seu incumprimento.