Sabía…Ten o FGD diñeiro para facer fronte á crise dunha entidade de crédito?
Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesRespondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesSaber máis
Para o cumprimento das súas funcións o FGD nutrirase dos seguintes recursos:
- As achegas anuais previstas na normativa do FGD.
- As derramas que realice o FGD entre as entidades adheridas ó mesmo, distribuídas segundo a base de cálculo das achegas e cos límites que regulamentariamente se determinen. Estas derramas rexistraranse como patrimonio unha vez sexan acordadas.
- Os recursos captados nos mercados de valores, préstamos ou calquera outras operacións de endebedamento.
En todo caso, cando o patrimonio do FGD resulte insuficiente para o desenvolvemento das súas funcións, o Fondo realizará as actuacións necesarias para restaurar a súa suficiencia.
Adicionalmente, o compartimento de garantía de depósitos poderá nutrirse dos compromisos de pago das entidades fronte ó FGD sempre que tales compromisos:
- Estean integramente cubertos por garantías de activos de baixo risco, libres de cargas e de libre disposición para o Fondo.
- Non excedan do 30 % dos recursos totais dispoñibles do compartimento.
Os recursos obtidos conforme ós parágrafos anteriores asignaranse a un dos seguintes compartimentos contablemente separados nos que se dividirá o FGD:
- Compartimento de garantía de depósitos.
- Compartimento de garantía de valores.
Cada compartimento responderá exclusivamente dos custos, gastos e obrigas que expresamente lle atribúan a normativa aplicable. En todo caso, o FGD asignará a cada compartimento as obrigas derivadas da captación de recursos nos mercados de valores, préstamos ou outras operacións de endebedamento, atendendo ó uso previsto dos recursos captados.
Adicionalmente, a contribución de cada compartimento ós custos, gastos e obrigas que non foran atribuídos expresamente a ningún compartimento calcularase en función do importe dos depósitos ou os valores que garante cada compartimento, nos termos que regulamentariamente se determinen.
A Comisión Xestora determinará o importe das achegas anuais das entidades ó compartimento de garantía de depósitos.
As achegas anuais calcularanse en función do importe dos depósitos garantidos de cada entidade e o seu perfil de risco.