Informe anual 2023 FGD
Descarga informes de anos anteriores
Recursos financeiros dispoñibles / Nivel de cobertura
O volume de recursos financeiros dispoñibles do compartimento de depósitos a 31 de decembro de 2023 alcanza os 8134 millóns de euros (un 0,92 % dos depósitos garantidos a esa data).
Deste xeito o FGD alcanzou amplamente o nivel de cobertura mínimo do 0,8 % (Target Level) antes do 3 de xullo de 2024, data máxima establecida pola normativa europea.
Depósitos de diñeiro garantidos
Os depósitos de diñeiro admisibles e garantidos do compartimento de garantía de depósitos ascenderon, a 31 de decembro de 2023, a 1328 miles M. € e 889 miles M. €, respectivamente. Ademais, a porcentaxe de depositantes con importes integramente garantidos a esa data ascendía ó 96,6 %.
Depósitos en valores garantidos
A 31 de decembro de 2023, os valores garantidos e os cubertos ascendían, respectivamente, a 476,9 miles M. € e 100,4 miles M. €. Ademais, a porcentaxe de depositantes con importes integramente garantidos a esa data ascendía ó 92,2 %.
Achegas anuais das entidades
Para chegar ó Target Level, as entidades de crédito viñeron achegando ó FGD unha porcentaxe sobre os seus depósitos garantidos que variaron ó longo do tempo. A última achega, correspondente a 2023, cobrouse en febreiro de 2024.