Saber máis
- Non gozarán de garantía do FGD os valores e instrumentos financeiros confiados á entidade de crédito para realizar servizos de investimento e actividades complementarias en territorios definidos como paraísos fiscais pola lexislación vixente ou nun país ou territorio que careza de órgano supervisor dos mercados de valores, ou cando, inda existindo, se negue a intercambiar información coa Comisión Nacional do Mercado de Valores.
Os países ou territorios que se atopan neste último suposto serán especificados polo Ministro de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a proposta da Comisión Nacional do Mercado de Valores. - Tampouco gozarán de garantía os valores e instrumentos financeiros confiados a sucursais de entidades de crédito españolas localizadas en países non comunitarios que dispoñan de sistemas nacionais de indemnización dos inversores equivalentes ós españois.
- Non se considerarán valores garantidos e, por tanto, estarán excluídos da cobertura do FGD:
-
Os depósitos realizados polas seguintes entidades:
- As entidades de crédito.
- As sociedades e axencias de valores.
- As entidades aseguradoras.
- As sociedades de investimento mobiliario.
- As sociedades xestoras de institucións de investimento colectivo, así como as sociedades xestoras de fondos de pensións, dos fondos de titulización e de capital de risco e os depósitos das entidades que xestionan.
- As sociedades xestoras de carteiras e as empresas de asesoramento financeiro.
- As sociedades de capital de risco e as súas correspondentes sociedades xestoras.
- Calquera outra entidade financeira definida no artigo 4.1.26) do Regulamento (UE) n.º 575/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de xuño de 2013.
- Os depósitos constituídos na entidade polas Administracións Públicas coa excepción dos constituídos polas entidades locais cun presuposto anual igual ou inferior a 500 000 €.
-
- Así mesmo, e sen prexuízo de que se teñan en conta para o cómputo das achegas, a obriga de pagar os importes garantidos non comprenderá ós constituídos:
- Con quebrantamento das disposicións vixentes, en particular, os orixinados en operacións en relación coas que tivera unha condena penal por delitos resultantes de operacións de branqueo de capitais.
- Por clientes que obtiveran, a título persoal, condicións financeiras que contribuíran a agravar a situación da entidade, sempre que tal circunstancia fose determinada por sentenza firme.
- Aquelas persoas que actúen por conta de calquera dos depositantes excluídos en virtude do anterior e deste apartado, ou en concerto cos mencionados nos parágrafos a) e b) precedentes.
- Non obstante, os prazos establecidos no artigo 9.1 do Real Decreto 2606/1996, cando a xuízo da Comisión Xestora existan circunstancias que permitan presumir a relación ou participación dalgún depositante coas causas motivadoras da obriga de indemnizar, poderase suspender o pago das indemnizacións correspondentes mentres non se declare xudicialmente, a instancia de parte, a inexistencia daquela relación ou participación O FGD disporá de igual facultade cando un depositante ou calquera outra persoa con dereito ou interese sobre un depósito fora procesado ou se ditara apertura de xuízo oral por delitos relacionados con operación de branqueo de capitais, cando incoara o procedemento abreviado que se regula no Título III do Libro IV da Lei de Axuizamento Criminal e ata tanto finalice o procedemento.
Depósitos en valores garantidos
Causas para a execución da garantía e beneficiarios
Pago dos importes garantidos.