Saber máis
O FGD, con cargo ó compartimento de garantía de valores, satisfará ós seus titulares o importe garantido dos valores e instrumentos financeiros susceptibles de cobertura cando se produza algún dos seguintes feitos:
- Que se ditara auto declarando o concurso da entidade de crédito e esa situación supoña a suspensión da restitución dos valores ou instrumentos financeiros; non obstante, non procederá o pago deses importes se, dentro do prazo previsto para iniciar o seu desembolso, se levantase a suspensión mencionada.
- Que o Banco de España declare que a entidade de crédito non pode, á vista dos feitos dos que tivo coñecemento o propio Banco de España e por razóns directamente relacionadas coa súa situación financeira, cumprir as obrigas contraídas cos investimentos.
Para que o Banco de España poida realizar esta declaración será necesario que se produzan as seguintes circunstancias:
- Que o inversor solicitara á entidade de crédito a devolución dos valores e instrumentos financeiros que lle confiara e non obtivera satisfacción nun prazo máximo de vinte e un días hábiles por parte daquela.
- Que a entidade de crédito non se atope na situación prevista no parágrafo a) do apartado 1 do artigo 8 do Real Decreto 2606/1996.
- Que se dea previa audiencia á entidade de crédito.
Depósitos en valores garantidos
Depósitos en valores non garantidos
Pago dos importes garantidos.