Que é o Fondo de Garantía de Depósitos? > Depósitos de diñeiro > Depósitos de diñeiro garantidos

Depósitos de diñeiro garantidos

Resolva as súas dúbidas sobre os tipos de depósitos que están garantidos polo FGD.

Ilustración con características

Sabía…que tipos de depósitos de diñeiro están garantidos polo FGD?

que tipos de depósitos de diñeiro están garantidos polo FGD?

En xeral, o FGD cobre todos os depósitos nos que se garante a devolución do 100% do seu capital como, por exemplo: contas correntes, contas ou libretas de aforro, depósitos de aforro, depósitos á vista ou a prazo fixo, imposicións a prazo, …, entre outros.

No caso dos depósitos estruturados estarán cubertos, como se dixo antes, sempre e cando se garanta a devolución ao vencemento do 100% do capital depositado.

É importante ter en conta que a garantía do FGD só cobre os depósitos ata o límite establecido pola normativa.

Antes de contratar un depósito monetario, as entidades de crédito teñen que informar os seus clientes sobre as características e os límites de cobertura que ofrece o fondo de garantía ao que está adherida.

Ademais, cada ano as entidades informarán os seus clientes a través dos extractos de conta se os depósitos están cubertos polo FGD.

E lembra, as entidades de crédito en España están obrigadas a ter esta información dispoñible nas súas oficinas e páxinas web para poder consultala en calquera momento, especificando o importe e o alcance da cobertura ofrecida.

Se operas coa túa entidade de crédito por internet, a información sobre o fondo de garantía enviaraseche electrónicamente.

Pero se prefires recibila en papel, terás que pedilo expresamente á túa entidade de crédito.

Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios

Preguntas frecuentes

Saber máis

Terán a consideración de depósitos admisibles os saldos acredores mantidos en conta, incluídos os fondos procedentes de situacións transitorias por operacións de tráfico e excluídos aqueles depósitos mencionados no artigo 4.4. Do Real Decreto 2606/1996, que a entidade teña obriga de restituír nas condicións legais e contractuais aplicables, calquera que sexa a moeda en que estean nomeados e sempre que estean constituídos en España ou en outro Estado membro da Unión Europea, incluídos os depósitos a prazo fixo e os depósitos de aforro. A parte destes depósitos que non supere os niveles de cobertura establecidos legalmente consideraranse depósitos garantidos.

Entre os fondos procedentes de situacións transitorias, a que se refire o parágrafo precedente, incluiranse, en todo caso, os recursos con diñeiro que se confiasen á entidade para a realización dalgún servizo de investimento, de acordo co texto refundido da Lei do Mercado de Valores, ou que proveñan da prestación destes servizos ou actividades.

Non terán a consideración de depósitos a efectos do Real Decreto 2606/1996 os saldos acredores nos que concorra algunha das circunstancias seguintes:

  1. A súa existencia só pode probarse mediante un instrumento financeiro dos previstos no artigo 2 do texto refundido da Lei do Mercado de Valores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 4/2015. Non teñen, polo tanto, a consideración de depósito as cesións temporais de activos e os certificados de depósito ó portador.
  2. Se o principal non é reembolsable polo seu valor nominal.
  3. Se o principal só é reembolsable polo seu valor nominal cunha garantía ou acordo especial da entidade de crédito ou dun terceiro.

Alcance do importe dos depósitos garantidos.

Sabía…canto diñeiro me garante o FGD?

Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios

Preguntas frecuentes

Saber máis

O importe garantido dos depósitos terá como límite a contía de 100 000 € ou, no caso de depósitos nomeados noutra divisa, o seu equivalente aplicando os tipos de cambio correspondente, conforme todo isto ós termos previstos regulamentariamente.

Adicionalmente, quedarán garantidos os seguintes depósitos con independencia do seu importe durante tres meses a contar a partir do momento en que o importe fose aboado ou a partir do momento no que estes depósitos pasasen a ser legalmente transferibles:

  1. Os procedentes de transaccións con bens inmobles de natureza residencial e carácter privado.
  2. Os que se deriven de pagos recibidos polo depositante con carácter puntual e estean vencellados ó matrimonio, ó divorcio, á xubilación, ó despido, á invalidez ou ó falecemento.
  3. Os que estean baseados no pago de prestacións de seguros ou na indemnización por prexuízos que sexan consecuencia dun delito ou dun erro xudicial.

A débedas do depositante fronte á entidade de crédito non se terán en conta para calcular o importe reembolsable agás que a data de esixibilidade destas débedas sexa anterior ou igual ás datas de referencia previstas no artigo 8.1. do Real Decreto 2606/1996 e as disposicións legais e contractuais polas que se rexa o contrato entre a entidade de crédito e o depositante así o contemplen.

En todo caso, as entidades de crédito informarán debidamente ós depositantes, antes da celebración do contrato, de cando as súas débedas frontes á entidade teranse ou non en conta á hora de calcular o importe garantido de acordo co establecido no parágrafo anterior.

No caso de depósitos non nomeados en euros, o importe garantido será o seu equivalente aplicando os tipos de cambio do día en que se produza algún dos feitos que activan o pago da garantía polo FGD ou ó día anterior hábil cando fose festivo.

As garantías do FGD aplicaranse por depositante, sexa persoa natural ou xurídica e calquera que sexan o número e clase de depósito de efectivo en que figure como titular na mesma entidade. Este límite aplicarase tamén ós depositantes titulares de depósitos de importe superior ó máximo garantido.

Cando unha conta teña máis dun titular, o seu importe dividirase entre os titulares, de acordo co previsto no contrato de depósito e, no seu defecto, a partes iguais.

Cando os titulares dun depósito actúen como representantes ou axentes de terceiros, sempre que o beneficiario legal fose identificado ou sexa identificable antes de que se produzan as circunstancias que activan o pago da garantía polo FGD, a cobertura aplicarase ós terceiros beneficiarios do depósito na parte que lles corresponda.

Emporiso, cando quen actúe como representante ou axente sexa unha entidade das excluídas de cobertura do FGD das recollidas nos numerais 3.º, 4.º, 5.º, 7.º e 8.º do artigo 4.4.a) do Real Decreto 2606/1996, considerarse que o depósito pertence a esta entidade e non será cuberta polo FGD.

Os depósitos existentes no momento da revocadura da autorización a unha entidade adscrita ó FGD seguirán cubertos ata a disolución ou liquidación da entidade e a entidade seguirá obrigada a realizar as achegas legalmente esixibles. No caso das contas correntes, o saldo amparado será o existente á data da revocadura menos os endebedamentos que teñan lugar entre a citada data e a de declaración do suposto que dea lugar ó pago da indemnización.

winged-ticket

Depósitos con diñeiro non garantidos

ticket-glass

Causas para a execución da garantía e beneficiarios

ticket-pay

Pago dos importes garantidos

ticket-arrow

Depósitos por importes superiores ó límite garantido.