Sabía……que NON está garantido polo FGD?
Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesSaber máis
- Non terán a consideración de depósitos a efectos do Real Decreto 2606/1996 os saldos acredores nos que concorra algunha das circunstancias seguintes:
- A súa existencia só pode probarse mediante un instrumento financeiro dos previstos no artigo 2 do texto refundido da Lei do Mercado de Valores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 4/2015. Non teñen, polo tanto, a consideración de depósito as cesións temporais de activos e os certificados de depósito ó portador.
- Se o principal non é reembolsable polo seu valor nominal.
- Se o principal só é reembolsable polo seu valor nominal cunha garantía ou acordo especial da entidade de crédito ou dun terceiro.
- Non se considerarán depósitos admisibles conforme á normativa do FGD e, por tanto, estarán excluídos da cobertura do FGD:
-
Os depósitos realizados polas seguintes entidades:
- As entidades de crédito.
- As sociedades e axencias de valores.
- As entidades aseguradoras.
- As sociedades de investimento mobiliario.
- As sociedades xestoras de institucións de investimento colectivo, así como as sociedades xestoras de fondos de pensións, dos fondos de titulización e de capital de risco e os depósitos das entidades que xestionan.
- As sociedades xestoras de carteiras e as empresas de asesoramento financeiro.
- As sociedades de capital de risco e as súas correspondentes sociedades xestoras.
- Calquera outra entidade financeira definida no artigo 4.1.26) do Regulamento (UE) n.º 575/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de xuño de 2013.
- Os fondos propios da entidade segundo a definición do artigo 4.1.118 do Regulamento (UE) n.º 575/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de xuño de 2013, independentemente do importe polo que se computen como tales.
- Os valores representativos de débeda emitidos pola entidade de crédito, incluso as notas promisorias e efectos negociables.
- Os depósitos cuxo titular non fose identificado, segundo ó disposto na Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e da financiamento do terrorismo, ou que teña a súa orixe en operacións que fosen obxecto dunha sentencia penal condenatoria polo delito de branqueo de capitais.
- Os depósitos constituídos na entidade polas Administracións Públicas coa excepción dos constituídos polas entidades locais cun presuposto anual igual ou inferior a 500 000 euros.
-
- Así mesmo, e sen prexuízo de que se teñan en conta para o cómputo das achegas, a obriga de pagar os importes garantidos non comprenderá ós constituídos:
- Con quebrantamento das disposicións vixentes, en particular, os orixinados en operacións en relación coas que tivera unha condena penal por delitos resultantes de operacións de branqueo de capitais.
- Por clientes que obtiveran, a título persoal, condicións financeiras que contribuíran a agravar a situación da entidade, sempre que tal circunstancia fose determinada por sentenza firme.
- Aquelas persoas que actúen por conta de calquera dos depositantes excluídos en virtude do anterior e deste apartado, ou en concerto cos mencionados nos parágrafos a) e b) precedentes.
- Non obstante, os prazos establecidos no artigo 9.1 do Real Decreto 2606/1996, cando a xuízo da Comisión Xestora existan circunstancias que permitan presumir a relación ou participación dalgún depositante coas causas motivadoras da obriga de indemnizar, poderase suspender o pago das indemnizacións correspondentes mentres non se declare xudicialmente, a instancia de parte, a inexistencia daquela relación ou participación Os fondos disporán de igual facultade cando un depositante ou calquera outra persoa con dereito ou interese sobre un depósito fora procesado ou se ditara apertura de xuízo oral por delitos relacionados con operación de branqueo de capitais, cando incoara o procedemento abreviado que se regula no Título III do Libro IV da Lei de Axuizamento Criminal e ata tanto finalice o procedemento.
Depósitos de diñeiro garantidos
Causas para a execución da garantía e beneficiarios
Pago dos importes garantidos
Depósitos por importes superiores ó límite garantido.