Sabía…Cando se fará efectiva a garantía do FGD?
Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesRespondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios
Preguntas frecuentesSaber máis
O FGD, con cargo ó compartimento de garantía de depósitos, satisfará ós seus titulares o importe garantido dos depósitos cando se produza algún dos seguintes feitos:
- Que a entidade fora declarada ou se teña xudicialmente por solicitada a declaración en concurso de acredores.
- Que, non téndose declarado o concurso da entidade conforme ó indicado no parágrafo anterior e producíndose impago de depósitos vencidos e esixibles, o Banco de España determine que, na súa opinión e por razóns directamente derivadas da situación financeira da entidade de que se trate, esta se atopa na imposibilidade de restituílos e non parece ter perspectivas de poder facelo nun futuro inmediato. O Banco de España, escoitada á Comisión Xestora, deberá resolver a maior brevidade e, a máis tardar, dentro dos cinco día hábiles seguintes a ter comprobado por primeira vez que a entidade non lograra restituír depósitos vencidos e esixibles, tras ter dado audiencia á entidade interesada, sen que esta supoña interrupción do prazo sinalado.
Depósitos de diñeiro garantidos
Depósitos con diñeiro non garantidos
Pago dos importes garantidos
Depósitos por importes superiores ó límite garantido.