Resumo da regulación > Depósitos de diñeiro > Pago dos importes garantidos

Pago dos importes garantidos

En caso dun evento de pago, o FGD transferirá os importes garantidos ós seus depositantes dun xeito rápido e sinxelo.

Ilustración con características

Sabía……que prazo ten o FGD para pagar?

Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios:

Preguntas frecuentes

Respondemos ás preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios:

Preguntas frecuentes

Saber máis

O compartimento de garantía de depósitos do FGD deberá satisfacer as reclamacións debidamente comprobadas dentro dos sete días hábiles seguintes ás datas de referencia establecidas no artigo 7 bis 1 do Real Decreto 2606/1996.

(Nota: Hai que ter en conta que, segundo a Disposición Transitoria Sexta do Real Decreto 2606/1996: O prazo máximo de pago de sete (7) días hábiles previsto no artigo 9,1 a) non entrará en vigor ata o 1 de xaneiro de 2024. Ata entón, o prazo máximo de pago será de dez días hábiles ata o 31 de decembro de 2023. Ata esa data, cando o FGD non sexa quen de restituír o importe reembolsable nun prazo de sete días hábiles, pagará ós depositantes, nun prazo máximo de cinco días hábiles tras a súa solicitude, un importe axeitado dos seus depósitos garantidos co fin de cubrir o seu sustento. Este importe deducirase da suma reembolsable á que se refire o artigo 7.1. Primeiro parágrafo. O FGD só concederá acceso ó importe axeitado a que se refire o parágrafo anterior sobre a base dos datos do propio FGD ou dos datos proporcionados pola entidade de crédito. (…))

A recompilación e transmisión polas entidades de crédito da información exacta sobre os depositantes e os depósitos garantidos, necesaria para comprobar as reclamacións, deberá efectuarse dentro dos prazos previstos no primeiro parágrafo.

O pago dos depósitos previsto no primeiro parágrafo poderá aprazarse en calquera dos seguintes casos:

  • Cando non exista certeza sobre se unha persoa ten dereitos legais para recibir un pago ou cando o depósito sexa obxecto de litixio.
  • Cando o depósito sexa obxecto de sancións que restrinxan as facultades de disposición polos seus titulares.
  • Cando non se producira ningunha operación en relación co depósito nos últimos 24 meses.
  • Cando, con arranxo ó segundo parágrafo do artigo 10.1 do Real Decreto-lei 16/2011, o importe que se ten que reembolsar exceda os 100 000 €.
  • Cando o importe deba ser pagado polo sistema de garantía de depósitos do Estado membro da Unión Europea de orixe da sucursal dunha entidade de crédito que opere en España.

Sen prexuízo do indicado, os depósitos contemplados no artigo 7.6 do Real Decreto 2606/1996, estarán suxeitos a un período de pago de ata tres meses a partir da data na que teña lugar algún dos feitos que traen como consecuencia o pago de depósitos polo FGD.

O compartimento de garantía de depósitos do FGD efectuará os correspondentes pagos sen que os depositantes o soliciten. A tal efecto, as entidade de crédito transmitirán toda a información necesaria sobre os depósitos e os depositantes en canto o FGD o requira. Non obstante o anterior, o compartimento de garantía de depósitos non realizará pago algún se non houbera ningunha operación relacionada co depósito nos últimos 24 meses e o valor do depósito é inferior ós gastos administrativos que suporía o pago para o FGD.

hucha-cerdo

Depósitos de diñeiro garantidos

winged-ticket

Depósitos con diñeiro non garantidos

ticket-glass

Causas para a execución da garantía e beneficiarios

ticket-arrow

Depósitos por importes superiores ó límite garantido.

Usamos cookies neste sitio web para mellorar a súa experiencia de usuario.

Ó facer clic en calquera enlace desta páxina, está a dar o seu consentimento para que establezamos cookies.